Sunday 12 de May de 2024

Inés Rey felicita a Eva Rosende por ser a primeira presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña


Ambas destacaron a colaboración entre Concello e Asociación e a aposta polo tecido empresarial da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio de María Pita a Eva Rosende, nova presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da Coruña. Rey sentenciou que o nomeamento de Rosende como primeira presidenta de AJE é un avance en materia de igualdade. “Alégrame ver que cada vez somos máis as mulleres con cargos de representación porque avanzamos en igualdade ao tempo que facemos xustiza á historia feminina da Coruña” explicou a alcaldesa.

Rey e Rosende destacaron a colaboración entre Concello e Asociación nesta primeira reunión como nova directiva, así como o apoio do Goberno local ao tecido empresarial da cidade cos bonos PRESCO e a posta en marcha de proxectos como a Cidade das TIC ou a AESIA. Acordaron afondar na colaboración entre administración entidade para o impulso de novas accións orientadas ao emprendemento na mocidade coruñesa.

A alcaldesa e presidenta estiveron acompañadas pola concelleira da área de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Educación e Emprego, Juan Ignacio Borrego; xunto co Aida Cordeiro, secretaria de Organización da asociación e Iván García, tesoreiro.